UNIVERSITAS

10.000 euros para fomentar a investigación en lingua galega

g1-1-_result
photo_camera O prazo para presentar solicitudes manterase aberto ata o 30 de setembro.

Convocatoria de axudas para a realización de teses, traballos de investigación, fin de grao, mestrado e carreira

 Os Estatutos da Universidade recollen o seu compromiso coa lingua galega e o deber de promover o seu uso en actividades docentes, investigadoras, administrativas e de servizos. Precisamente, unha das ferramentas para incentivar o seu uso nun dos eidos no que a súa presenza é aínda escasa son as axudas á investigación en lingua galega que dende hai uns anos tamén cobre os traballos de fin de grao e mestrado. Segundo explica o director da Área de Normalización Lingüística, Paulo Cabral “o ano pasado beneficiáronse destas axudas 142 persoas e nos últimos anos a demanda incrementouse moito debido aos cambios nos plans de estudos”. Así, por exemplo, en catro anos pasouse de 40 solicitudes no ano 2010 ás 142 do curso pasado.


As axudas están destinadas ao alumnado de calquera titulación, agás os estudantes de Filoloxía Galega, os de Grao de Estudos de Galego e Español e os de Tradución e Interpretación que teñan como lingua A o galego, “dada a natureza dos seus estudos e o seu compromiso lingüístico”. O alumnado solicitante destas axudas deberá redactar e defender en lingua galega a súa tese de doutoramento, licenciatura, o traballo de investigación tutelado de 3º ciclo, o traballo fin de mestrado, o traballo fin de grao ou do proxecto de fin de carreira, antes do día 30 de setembro, data límite de recepción de solicitudes. Porén, tamén se poderán presentar aqueles traballos presentados nos meses de outubro, novembro e decembro, que non fosen incluídos na anterior resolución.

Te puede interesar
Más en Universitas