PONTE EN FORMA

O adestrador persoal, peza clave para acadar obxectivos

20161004095507812_result
photo_camera Un usuario segue as indicacións do adestrador persoal.

O programa "Ponte en forma" axuda a converter o adestramento nun hábito de vida

Son múltiples e moi variados os servizos que oferta a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, pero nesta ocasión nos centraremos nun que ás veces resulta certamente descoñecido, pero que está cheo de vantaxes. Trátase do programa de adestramento personalizado “Ponte en Forma”. 


Ás veces, levados polas ganas de resultados rápidos ou mesmo por pouca planificación nos adestramentos chégase ao punto de aburrimento, desidia e como resultado final o abandono. Contar cun adestrador persoal axuda a manter a constancia e a perseverancia, contar cun plan e saber a onde se quere chegar e como se vai a planificar o traballo para que sexa máis doado e atractivo. O obxectivo final no só é acadar unha meta a curto prazo, senón que é convertir o adestramento nun hábito de vida e en todo esto os adestradores persoais xogan un papel vital.


As tarxetas “Ponte en Forma” da Universidade de Vigo achegan todas estas vantaxes anteriores aos usuarios e usuarias, proporcionando un plan cuadrimestral de exercicio físico personalizado en función do estado físico actual e dos obxectivos de cada beneficiario. Durante este programa cóntase cun seguemento técnico e médico deportivo individualizado que lle permitirá ir adaptando o seu programa de exercicio aos progresos que vaia realizando. 

Te puede interesar
Más en Universitas