DIPUTACIÓN

Alianza do grupo Gen e a Deputación de ourense

buscan converter a Red Localis nun referente

Manuel Baltar e Santiago Lago.
Manuel Baltar e Santiago Lago.
Alianza do grupo Gen e a Deputación de ourense

A Deputación de Ourense e o Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network (Gen), a través da súa Asociación Gen+, veñen de asinar un convenio de colaboración que ten como obxectivo profundar no coñecemento da realidade do municipalismo non só galego senón tamén estatal a través da realización de estudos e actividades de investigación e difusión sobre este tema. Entre as medidas contempladas no acordo están a posta en marcha dun observatorio de ámbito galego, a celebración dun congreso estatal e a realización dun informe sobre o goberno local en España. Con esta alianza, desde o Grupo Gen, que ten a súa sede na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, buscan que a súa Red Localis dea un salto cualitativo e se converta en referente estatal en temas locais.