UNIVERSITAS

Análise dos consumidores de prostitución en España

_g1_result
photo_camera A profesora da Universidade de Vigo Águeda Gómez publica ‘El putero español’ xunto a Silvia Pérez e Rosa M. Verdugo.

As investigadoras Gómez, Pérez e  Verdugo publican ‘El putero español’

As investigadoras Águeda Gómez, Silvia Pérez e Rosa María Verdugo recollen no libro "El putero español", no que publican os resultados dunha análise a nivel nacional sobre "as motivacións que leva aos clientes a consumir prostitución a través das explicacións que eles mesmos daban", como explica Gómez, profesora do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.
"Para min o ideal sería que fose gratis, aínda que do prezo non me queixo", "son máis baratas que ter moza"... son frases que se repetiron ao longo de todo o traballo de campo e que levaron ás investigadoras a concluír que existen catro grandes grupos de consumidores: o misóxino, o amigo, o mercantilista e o crítico. Mentres que no primeiro grupo atópanse clientes que nos seus discursos mostran "un desprezo moi grande cara as mulleres", no segundo o cliente amosa o punto de vista totalmente contrario: son homes que "desenvolven a súa sociabilidade en espazos prostitucionais e que acaban tendo relacións afectivas ou incluso de parella coas prostitutas, que empatizan con elas, pero que nunca deixan de exercer o privilexio de consumir". "Igual que uns están acostumados a ir a un bar todos os venres eles van a un club de alterne, onde as relacións sociais son máis doadas e amables... porque niso se basea o negocio", salienta Gómez.

Te puede interesar
Más en Universitas