UNIVERSITAS

E así chegamos xuntos a cumprir 25 anos

O campus de Ourense uniuse á conmemoración da institución académica cun concerto que reuniu a preto de 400 persoas

Unha gran festa para homenaxear os 25 anos da Universidade de Vigo. O campus de Ourense uniuse á conmemoración da institución académica cun concerto que reuniu a preto de 400 persoas, tanto membros da comunidade universitaria como persoas alleas, no Teatro Principal da cidade para celebrar ao son da mellor música tradicional galega un cuarto de século formando cidadáns, creando cultura e facendo país. Ao son de Treixadura e de Cantigas e Agarimos, a comunidade universitaria ourensá botou unha ollada ao pasado e ao presente para brindar, cando menos, por outros 25 anos máis xuntos.


Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, foron os encargados de presentar o acto e dar a benvida aos asistentes á celebración, que encheron o Teatro Principal. “Despois de 25 anos se algo nos empuxa a seguir adiante é o cariño da xente, sabernos apreciados, como é neste caso pola xente de Ourense. Por iso quixemos compartir con vós este momento tan especial”, salientou Mato. “Somos unha universidade que traballa mirando ao futuro, innovando, poñéndonos retos”, díxolle Virxilio Rodríguez aos presentes.

Te puede interesar
Más en Universitas