UNIVERSITAS

Augaventúrate con divertidas propostas esta primavera

gal2_result
photo_camera Augaventura oferta atractivas actividades deportivas na auga.

As actividades de surf, vela, windsurf, rafting e coñece San Simón serán todas en abril

A primavera está á volta da esquina e con ela unha nova edición de Augaventura-Campus Mar Life que nesta ocasión se levará a cabo no mes de abril. Surf, vela, windsurf, rafting e coñecer San Simón serán as ofertas desta edición da actividade deportiva organizada pola Universidade de Vigo, o Servizo de Deportes e Campus do Mar. O lema da proposta é "Non te quedes na beira" e convídase a todos os membros da comunidade universitaria e a todos os membros das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar, a gozar de magníficas experiencias acuáticas a prezos moi competitivos.

No caso do rafting, todos os que queiran vivir esta experiencia deberán inscribirse antes do 1 de abril, os que queiran participar na actividade do día 10 de abril, e antes do 9 de abril, os que queiran facelo o 17 de abril. O custe é de 10 euros para voluntarios de Campus Mar-TDU e de 15 euros para o resto.
No caso do surf, a data de inscrición será ata o 1 de abril os que queiran participar o 12 de abril, e o 10 de abril, os que o queiran facer o 19 de abril. O prezo da actividade é de 3 euros para os voluntarios e 5 para o resto da comunidade universitaria.

O bautismo de vela, que se celebrará na Escola de Vela do Real Club Náutico de Vigo, terá un custo de 5 euros para voluntarios e 8 para o resto. A inscrición remata o 6 de abril, no caso dos que queiran participar o 11 de abril, e o 20 de abril os do día 25 de abril.

O windsurf é outra das atractivas propostas do programa Augaventúrate. Os prezos oscilan entre os 7 e os 10 euros e os prazos para anotarse son ata o 8 de abril, os que queiran facer a actividade o día 14 de abril, e o día 15 os que a fagan o 21 de abril.

Por último, dentro deste programa ofértase a Ruta Illa San Simón, unha divertida actividade que inclúe kaiak, snorkel e andaina. Terá un custe de 7 euros para voluntarios e 10 para o resto da comunidade universitaria. O período de inscrición remata o día 6 de abril para os do 11 de abril e o 13 de abril para os do 18.

As inscricións de todas as actividades poden facerse en campusdomar.es/life e en deportes.uvigo.es.n

Te puede interesar
Más en Universitas