UNIVERSITAS

Beneficios do ioga e a meditación ao alcance de todos no Campus de Vigo

Else Ketele amosa a combatir o estrés ou relaxarse con dúas escolas deportivas en auxe

Aprender a conectar cun mesmo, aumentar e dosificar as enerxías ou enfrontarse a unha situación de estrés. Estas son só unha pequena proba das múltiples vantaxes que aportan as clases de ioga e meditación ás que pode acceder toda a comunidade universitaria no Campus de Vigo. Else Ketele é a monitora destas dúas modalidades deportivas nas que o Servizo de Deportes aposta dende hai anos, dúas escolas deportivas que gañan cada curso máis adeptos. 

O ioga e a meditación son dúas modalidades deportivas en auxe?

Levamos anos impartindo estas dúas variedades deportivas, se ben é certo que cada vez son máis as persoas que queren adquirir algún dos múltiples beneficios que aportan tanto o ioga como a meditación.

E que beneficios son estes?

Moitísimos. No tocante ao ioga o concepto cambiou moito, antes a xente viña simplemente a relaxarse e actualmente e xa que teñen moitos máis coñecementos sobre este tema buscan denden aprender a respirar correctamente, conseguir corpos en mellores condicións, aumentar a enerxía, combatir situacións de estrés e moitas outras vantaxes, en definitiva mellorar a saúde. No caso da meditación destaca especialmente a necesidade de relaxarse e ser máis fortes e traballamos nese campo, volver á calma e levar ao corpo ao mellor estado posible. 

Como son as clases?

En ambas clases o que aprendemos é a conectar con nós mesmos, enfocar a atención hacia dentro. Deixamos o mundo e a rutina a un lado e tan só nos adicamos a nós. Son clases moi sinxelas e se pode comezar en calquer momento xa que cada persoa traballa co seu propio corpo e as súas circunstancias. Finalizamos todas as clases cunha relaxación final e deste xeito todos os participantes saen con moi bo sabor de boca dunha clase, con moito positivismo.

Quen pode participar nestas clases?

Todos os membros da comunidade universitaria, simplemente teñen que realizar a súa inscrición online en deporxest.vigo.es. Na actualidade acuden ás miñas clases alumnos, profesores, investigadores, doctorandos..As clases de ioga son os martes e os xoves, de 13.15 a 14.30 horas ou de 16.15 a 17.30 horas e os participantes poden escoller o horario que mellor se lles presente cada semana. No que se refire ás clases de meditación son os xoves de 17.45 a 18.30 horas. Ambas modalidades impártense na Sala Multiusos do edificio do Servizo de Deportes.

Cando se comezan a notar os beneficios das clases?

Moi pronto. Trátanse de clases moi eficaces. No caso do ioga o primeiro que se aprende é a ser conscientes das posturas, de como se respira e como relaxarse e xa se avanza moito neste campo que busca convertirse nun estilo de vida. No caso da meditación, procuro que nas clases sentar as bases para a posterior práctica individual xa que debe ser algo que se faga regularmente.

Que lle diría ás persoas que estén pensando en participar nunhas das súas clases ?

Que non o dubiden e que acudan a probar. Poden facelo de forma gratuíta. A miña experiencia indícame que todos os que acuden a probar seguen coas clases xa que resultan moi fructíferas e sempre mellores do que a xente pensaba atopar.n

Te puede interesar
Más en Universitas