UNIVERSITAS

Os cativos foron de excursión sen saír do campus

g1-3-_result
photo_camera Cativos da Escola Infantil.

A pesares de atoparse a poucos metros do seu centro, os nenos da Escola Infantil do campus non coñecían o que se escondía do outro lado das portas de Ciencias Sociais e da Comunicación.

A pesares de atoparse a poucos metros do seu centro, os nenos da Escola Infantil do campus non coñecían o que se escondía do outro lado das portas de Ciencias Sociais e da Comunicación. No marco das actividades que nestas semanas están a desenvolver neste centro coa idea de achegar o alumnado ás diferentes profesións, os cativos puideron coñecer como é o traballo tanto na biblioteca como na copistería da facultade, así como o funcionamento dun estudo de radio.
Un total de 18 alumnos e alumnas, da aula para cativos de 2 e 3 anos, participaron neste percorrido por Ciencias Sociais e da Comunicación, que comezou cunha visita á copistería. Acto seguido, achegáronse ata a Biblioteca Central do campus, onde, acompañados pola súa directora, Laura González, os cativos puideron sentarse no chan con algúns dos libros infantís cos que conta este servizo. Xa por último e despois de pasar pola cafetería, nenos e nenas puideron coñecer desde dentro un estudio de radio e sentarse diante dos micrófonos, acompañados polo profesor Manuel López Torrente e polo vicedecano Jesús Pérez.

Te puede interesar
Más en Universitas