ACTIVIDADES ACADÉMICAS

Cen investigadores de 25 países cítanse en Ourense

20161005201023551_result
photo_camera A cita está organizada polo grupo Ephyslab de Vigo, con Luis Gime e Raquel Nieto á cabeza.

Será na conferencia sobre hidDo 25 ao 27 de outubro a cidade de Ourense acollerá a oitava edición deste evento, que por primeira vez ten lugar en España. roloxía da Unión Xeofísica Europea.

A Unión Xeofísica Europea celebra cada ano una conferencia dedicada ao ciclo hidrolóxico. Son as chamadas EGU Leonardo Conferences. Do 25 ao 27 de outubro a cidade de Ourense acollerá a oitava edición deste evento, que por primeira vez ten lugar en España. Arredor de 100 investigadores e investigadoras de 25 países participarán no encontro, organizado nesta ocasión polo grupo Ephyslab da Facultade de Ciencias do campus de Ourense. O tema elixido para esta edición é a rama atmosférica do ciclo hidrolóxico, abordando todos os aspectos que van dende a evaporación da auga ata a súa precipitación. 


A oitava EGU Leonardo Topical Conference Series on the Hydrological Cycle está coordinada polos docentes e investigadores da Universidade de Vigo Luis Gimeno e Raquel Nieto. “A proposta de celebrar en Ourense a conferencia así como a súa temática foi presentada polo profesor Luis Gimeno á Unión Xeofísica Europea hai dous anos. Un comité internacional da EGU sobre estas conferencias aceptou a proposta e desde entón traballamos na súa organización desde o grupo Ephyslab”, apunta Raquel Nieto. Sobre a importancia de abordar a temática escollida este ano, os coordinadores do evento recalcan que “este é un dos grandes temas científicos do momento” no marco da preocupación polo cambio climático. “Un estudo detallado do transporte de humidade dende os océanos ou dende fontes terrestres ata os continente pode axudar a comprender mellor os cambios observados no ciclo hidrolóxico e os que resultan nas proxeccións de cambio climático no futuro”, destacan Gimeno e Nieto.


Á cita asistirán un centenar de investigadores e investigadoras procedentes de 25 países, o 50% europeos e o resto de países como Australia, Sudáfrica, Taiwán, Estados Unidos, Brasil ou Costa Rica.

Te puede interesar
Más en Universitas