NOMEAMENTO

O Cimpa designa secretario xeral ao investigador Iván Area

yuiuiiuii

Iván Área: Investigador do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo

Sete meses despois da súa incorporación ao consello de administración, o docente e investigador do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo Iván Area vén de ser nomeado secretario xeral do Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas, Cimpa, centro de categoría 2 da Unesco con base en Niza, financiado por Francia, Noruega Suiza e España. A promoción das matemáticas en países en desenvolvemento a través da organización de distintas actividades é o principal cometido do Cimpa, que a finais de xaneiro celebrou en Niza a reunión anual do Comité de Orientación e Pilotaxe, así como a xuntanza na que se elixiu entre os membros do consello de Administración ao novo Bureau, presidido por Barry Green, director do Instituto Africano de Ciencias Matemáticas de Sudáfrica. “Desde o meu punto de vista trátase dun traballo de equipo e penso que este grupo no que teño a honra de participar ten capacidade de traballo e iniciativa para a promoción das matemáticas nos países en desenvolvemento”, asegura Area, que destaca o compromiso, responsabilidade e implicación das e dos integrantes do novo Bureau do que forma parte.

Das actividades que para prestixiar sa matemáticas desenvolve o Cimpa desde a súa creación en 1976, o novo secretario destaca as Research Schools que o centro organiza en diferentes partes do mundo co obxectivo de que matemáticos e matemáticas de primeiro nivel impartan cursos en países en desenvolvemento. “Trátase dunha convocatoria en concorrencia competitiva moi esixente. Aproximadamente organizamos máis de 20 Research Schools cada ano en lugares como Costa de Marfil, Nixeira, Senegal, Laos, Vietnam ou Líbano. Arredor de 50 estudantes asisten a cada unha das escolas, é dicir, máis de 1000 estudantes cada ano teñen a oportunidade de asistir a unha Research School”, explica Area.

Outra nas últimas iniciativas do Cimpa foi a posta en marcha dun novo programa, Support for Training Research a través do que se subvencionan a docentes para que vaian durante unha temporada a rexións especialmente deprimidas para impartir aulas. Haití, Mozambique, Burkina Faso ou Benin, son algúns dos países aos que as e o cooperantes irán ao abeiro da primeira convocatoria do programa.

Te puede interesar
Más en Universitas