ESTUDIOS

Comezan na Biblioteca os horarios especiais de apertura

20170426122323859_result
photo_camera Mozos e mozas concentrados no estudo.

Ante a chegada inminente dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria amplía os seus horarios

Ante a chegada inminente dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria amplía os seus horarios de apertura coa finalidade de axudar ao estudantado na preparación dos exames e a realización dos traballos de fin de grao ou mestrado. Os novos horarios comprenden aperturas nocturnas e de fin de semana nos centros dos tres campus.

Entre o 22 de abril e o 28 de maio, as bibliotecas de Torrecedeira, a Central de Ourense e a Central de Pontevedra comezarán a abrir as súas portas todas as fins de semana de 08.00 h a 22.00 h, mentres que a Biblioteca Central no campus de Vigo pechará as súas portas ás 21.00 h os sábados e os domingos deste mes. Ademais, dende o día 24 de abril as bibliotecas de Torrecedeira, a Central de Ourense e a Central de Pontevedra manteranse abertas de luns a venres ata as 03.00 h. Para máis información pódese consultar a web da Biblioteca.

Te puede interesar
Más en Universitas