UNIVERSITAS

Contra o correo lixo, Wirebrush4SPAM

David Ruano desenvolveu na súa tese de doutoramento un novo sistema de filtrado

Ruano desenvolveu na súa tese un novo sistema de filtrado de correo lixo.
Ruano desenvolveu na súa tese un novo sistema de filtrado de correo lixo.
Contra o correo lixo, Wirebrush4SPAM

Grazas aos avances nas redes de comunicación cada día máis é posible dispor dunha forma fácil e rápida de conexión a Internet desde calquera lugar. As estatísticas indican que diariamente se envían unha media de 125 billóns de correos electrónicos no mundo e que arredor do 60% deles son correo lixo ou spam. Para loitar contra estas mensaxes non desexadas de publicidade, virus ou fraudes, no marco da súa tese de doutoramento David Ruano desenvolveu Wirebrush4SPAM, un novo sistema aberto de filtrado capaz de clasificar os correos electrónicos con maior precisión e eficiencia. A ferramenta está dispoñible para a súa descarga e uso de balde.

A tese con mención internacional, titulada Model for optimising the execution of anti-spam filters, foi presentada na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense e realizada baixo a dirección do docente José Ramón Méndez Reboredo. Tanto a tese como o sistema desenvolvéronse no marco dun proxecto de investigación levado a cabo desde 2010 polo Sing Group que tivo como obxectivo a creación dun sistema aberto de filtrado capaz de detectar spam en contidos web, proxecto no que participaron ademais do xa doutor e do seu director de tese os investigadores Noemí Pérez e Álvaro Pérez.

A evolución continua das técnicas para anular ou empeorar a detección de mensaxes lixo e a natureza cambiante do spam, sinala Ruano Ordás, obrigan a que as técnicas na súa contra estean nunha constante evolución co fin de adaptarse ás novas necesidades.