DEPORTE UNIVERSITARIO

Criterios de selección dos Campionatos de España Universitarios 2016

A Comisión de Extensión Universitaria e Estudantes reuniuse hai uns días

Hai uns días, concretamente o 16 de novembro, unha reunión da Comisión de Extensión Universitaria e Estudantes serviu para dar por aprobados os criterios de selección dos Campionatos de España Universitarios 2016. 

Durante este encontro quedaron aprobados os criterios de selección para as modalidades individuais e colectivas dos campionatos de España e Galegos Universitarios 2016.
As inscricións para optar a participar nos CEU pódense realizar a través da aplicación Deporxest, do Servizo de Deportes da Universidade que están a preparar para ese fin. Na web do Servizo de Deportes pódese consultar toda a información relativa aos criterios de selección e as distintas modalidades deportivas que se disputarán nos campionatos.

Estas modalidades son: Campo a través, Atletismo, Balonmán,Bádminton, Escalada, Esgrima, Golf, Judo, Kárate, Natación, Orientación, Pádel, Taekwondo, Tenis, Tenis de mesa, Triatlón, Volei Praia, Xadrez, Baloncesto, Fútbol, Fútbol 7 Feminino, Fútbol Sala e Voleibol.

Os criterios de selección están relacionados coas condicións de participación, composición dos equipos, requisitos, criterios e responsables técnicos.n

Te puede interesar
Más en Universitas