UNIVERSITAS

Debut cumpre dez anos o 24 de novembro

A pasarela na que o alumnado dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza presenta cada ano as coleccións que constitúen os seus proxectos de fin de estudos.

A pasarela na que o alumnado dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza (Esdemga) presenta cada ano as coleccións que constitúen os seus proxectos de fin de estudos chegará o vindeiro 24 de novembro a súa décima edición. E farao reunindo de novo a preto de 2.000 persoas no Pazo da Cultura, nun evento que, como recoñece a directora da titulación, Lola Dopico, só é posible coa colaboración de moitos e moitas.

De aí que, un ano máis, Esdemga faga un chamamento aos mozos e mozas que queiran participar como modelos en Debut 2016, o acto central dunha semana dedicada á moda que se completará con outra serie de actividades como o taller que impartirá o xaponés Shingo Sato, “un referente mundial en patronaxe creativo”, que será ademais un dos membros do xurado deste desfile.

Te puede interesar
Más en Universitas