O deporte universitario darase unha homenaxe en Pontevedra

gal1-3-_result
photo_camera Cartaz desta edición da Gala do Deporte de UVigo.

Hoxe, a partir das 20:00 horas celebrase a XXIII Gala do Deporte da Universidade

Hoxe, a partir das 20:00 horas, o Auditorio Centro Social AFundación de Pontevedra acolle a Gala do Deporte Universitario. Será unha noite de recoñecemento público ao esforzo, á traxectoria e á implicación de diferentes persoas e entidades coa práctica do deporte e a difusión dos seus valores.

Esta homenaxe que a institución académica dedica cada ano aos seus deportistas máis destacados “é un acto aberto e con entrada libre, ao que convidamos a acudir a toda a cidadanía”, salienta o responsable do Servizo de Deportes, Javier Rial, que incide tamén en que neste 2014 o evento estará dedicado a lembrar á figura do médico e profesor e responsable das Unidades de Medicina Deportiva da Universidade. Juan José Crespo.

Será a XXIII edición deste evento que o Servizo de Deportes organiza coa Vicerreitoría do campus de Pontevedra. Completará a entrega de distincións aos deportistas e ás deportistas máis destacados da institución académica co recoñecemento a persoas e entidades alleas á Universidade, así como con diferentes actuacións. O xornalista pontevedrés Xabier Fortés será o encargado de conducir unha gala que terá como padriño a Evaristo Portela, o director deportivo do equipo ciclista Froiz, e na que a institución académica distinguirá a aqueles estudantes e equipos cun papel destacado nos campionatos de España universitarios o pasado curso 2013/2014. Así mesmo, tamén se entregarán os V Premios á Excelencia Deportiva.

Mais esta gala non quedará limitada á propia comunidade universitaria, xa que servirá tamén para recoñecer co III Premio Vida a traxectoria do preparador físico e docente pontevedrés Antonio Puga pola súa “longa implicación co deporte”, así como o traballo realizado por Aspace Galicia na utilización do deporte como vehículo de integración social, neste caso outorgándolle o III Premio Valor Solidario.

Te puede interesar
Más en Universitas