UNIVERSITAS

Tres días para facer 110 quilómetros ata Santiago

gal04-1-_result
photo_camera Dous participantes nunha das rutas culturais.

Trátase dunha ruta extraordinaria organizada polo Servizo de Deportes

O campus de Ourense organiza dentro das rutas culturais unha andaina extraordinaria entre os días 1, 2 e 3 de maio por un tramo do Camiño de Santiago pola Vía da Prata. Serán un total de 11o quilómetros a completar en tres días. Das tres etapas a primeira deslas será a máis longa e de maior dureza, un total de 40 quilómetros que separan Ourense de Dozón. Durante a segunda etapa completaranse 35 quilómetros, concretamente de Dozón á Bandeira. A última das etapas será doutros 35 quilómetros que concluirán no destino final, Santiago de Compostela.
Trátase así dunha apaixoante actividade en equipo na que poderá participar tamén calquera persoa allea á comunidade universitaria.

Dende o pasado xoves está aberto o prazo de preinscrición para todos os interesados en participar e ata o vindeiro 10 de abril poderán anotarse directamente na web do Servizo de Deportes ou informarse no 988.387.102.  Haberá un máximo de 35 prazas polo que tras a preinscrición farase unha selección de interesados na que terán prioridade os que teñan completado o maior número de andainas das rutas culturais e os que sexan membros da comunidade universitaria A confirmación de prazas farase o 13 de abril.

Te puede interesar
Más en Universitas