UNIVERSITAS

Dobre cita de Orientación no Campus Universitario de Vigo

orientacion_result
photo_camera Unha das participantes nunha das probas de orientación.

O XIV Trofeo UVigo de Carreiras será a sexta proba da Liga Galega 2015

 O Servizo de Deportes organiza o XIV Trofeo Universidade de Vigo de Carreiras de Orientación que coincide coa 6ª proba do calendario oficial da Liga Galega 2015. A cita será o 6 de xuño no Campus Universitario de Vigo e os interesados en participar contan ata o día 2 de xuño para inscribirse nesta proba que será totalmente gratuíta para os estudantes da Universidade, aínda que poden participar tanto persoas federadas coma público en xeral xa que haberá un amplo abano de percorridos con diferentes niveis de dificultade.

Tras esta proba é salientable outra actividade que se realizará despois do torneo, trátase dunha introducción á modalidade de orientación de precisión. A orientación de precisión "é unha das catro disciplinas de orientación internacional, orixinariamente foi o desenvolvemento da orientación a pé, onde os competidores se desprazan por camiños e pistas", salienta José Luis Armada, adestrador na Universidade e membro da Xunta directiva da Fegado.
Nestas proba, os participantes "deciden sobre a situación da baliza, as cales están distribuidas por puntos característicos do terreo.


Desta maneira, elimínase o aspecto físico, o que permite a participación dos competidores con movilidad reducida, e incluso con cadeiras de rodas", engade Armada.
Os competidores conforme se moven ao longo do traxecto, deberan ir resolvendo os problemas de orientación que se atopan, mediante unha cuidadosa lectura do mapa e do terreo.
Deste xeito, o 2 de xuño os amantes dun deporte tan en auxe como é a orientación contan con dúas citas relevantes.

Te puede interesar
Más en Universitas