CONGRESO

Educadores, necesarios para unha escola inclusiva

20161005201023332_result
photo_camera Un momento do Congreso

O I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola resaltou o papel do colectivo.

O I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola. Unha análise da última década comezou o pasado venres no campus de Ourense e fíxoo reivindicando a figura dos educadores e educadoras sociais como profesionais necesarios para unha escola inclusiva capaz de enfrontar e dar resposta aos novos retos que supón a transformación que vive a sociedade.

A cita, organizada por Nova Escola Galega e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia coa colaboración das tres universidades galegas, reúne a 150 profesionais e estudantes para afondar no pasado, presente e futuro da educación social coincidindo coa celebración o 2 de outubro do seu día mundial. A programación do encontro comezou na Facultade de Ciencias da Educación abordando o estado actual da profesión, a normativa na que se move e a evolución que se deu no seu papel nos últimos dez anos.

Te puede interesar
Más en Universitas