UNIVERSITAS

Os educadores sociais buscan oco no eido da saúde

gal1-2-_result
photo_camera Laura Ruiz, gañou o segundo Concurso de Traballos Fin de Grao (TFG) Arredor da Educación Social.

Laura Ruiz acadou un premio do colexio profesional galego

Os centros con estudos de Educación Social das tres universidades galegas e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia celebraron o Día Mundial da Educación Social organizando diferentes actividades que tiveron como obxectivo visibilizar e valorizar a súa profesión e o seu papel na sociedade. O campus de Ourense uniuse a esta celebración cun acto no que a alumna de doutoramento Laura Ruiz recibiu un premio outorgado pola entidade colexial en colaboración coas universidades galegas polo seu traballo fin de grao sobre os novos retos e saídas profesionais deste colectivo no campo da saúde.

Laura Ruiz gañou o 2º Concurso de Traballos Fin de Grao (TFG) Arredor da Educación Social na modalidade de Educación Social Escondida, destinada a aqueles TFG que tratan novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas. O seu traballo, titulado A educación social no campo da saúde. Novos retos e saídas profesionais, foi dirixido polo docente José María Faílde. “A investigación tivo tres obxectivos: indagar nos sectores concretos da saúde nos que actualmente interveñen os educadores sociais; identificar os factores que facilitan e dificultan a participación destes profesionais no ámbito da saúde e examinar en que situación se atopa actualmente a inclusión da educación social no ámbito da saúde nas diferentes comunidades autónomas”, explicou a investigadora ourensá.

Te puede interesar
Más en Universitas