UNIVERSITAS

Encontro anual en Ourense de referentes no mundo do xadrez

cartaz_result
photo_camera Cartaz del II Torneo Internacional de xadrez campus Ourense.

Lino Hermida é o director do Torneo Campus de Ourense que se disputa do 6 ao 12 de xullo

Do 6 ao 12 de xullo, o pavillón de deportes do Campus de Ourense acollerá a segunda edición do Torneo Campus de Ourense, un evento no que o pasado ano participaron 86 xogadores e que este ano agarda acoller o mesmo número de participantes ou incluso superalo. Lino Hermida é o director do torneo, ademais do responsable do Universitario Campus Ourense de Xadrez.

Como se presenta esta edición do torneo?
Agardamos contar co mesmo número de participantes ou incluso chegar a superalo. Trátase dun evento moi importante na cidade de As Burgas e agardámolo con entusiasmo.

Quen se encarga da organización e como vos se disputará?
Encargámonos todos os que formamos parte da Asociación de Xadrez Ourense Universitario. O Torneo disputarase polo sistema suizo de 9 rondas e os participantes serán todos federados e como na pasada edición, algúns serán titulados internacionais.

Que procurades coa organización dun evento destas características?
Principalmente reunir a amantes deste deporte que ten moitas tradición en Ourense, pero sobre todo darlle un pulo a esta modalidade deportiva e que se coñeza a boa canteira que hai de xadrez en toda a provincia.

Os interesados en participar, aínda están a tempo?
De feito que sí. Ata o 4 de xullo poden facelo, días despois haberá un recargo sobre os prezos establecidos. Todas as bases, datos de interés e inscrición pódese atopar na web do Servizo de Deportes e xa dende un link que aparece ahí se poden anotar tras facer o pagamento oportuno.

Que obxectivos tendes para vindeiras edicións?
Queremos que sexa unha cita deportiva de referencia en Ourense e continuar moitos anos máis con este importante evento.

Te puede interesar
Más en Universitas