UNIVERSITAS

Enxeñería Industrial celebra patrón reclamando financiamento

a1_result
photo_camera Foto de familia ao finalizar o acto no exterior da sede cidade da escola.

No acto entregáronse preto de 20 distincións a grupos de investigación, docentes e PAS

Formar bos enxeñeiros custa caro, pero non formalos aquí sería un custe que a nosa sociedade non podería asumir”. A Escola de Enxeñería Industrial celebrou o seu patrón, San Xosé, cun acto no que ademais de pór en valor o bo facer dos seus docentes, investigadores e persoal de administración e servizos se aproveitou para reclamar un maior apoio económico para o centro “pois só así poderemos manter o nivel do que hoxe presumimos”, recalcou o director da escola, Juan Pou, que, moi crítico co denominado Sistema Boloña, fixo fincapé na necesidade de que “a sociedade se decate de que para seguir formando bos enxeñeiros é preciso investimento, e pór punto final aos recortes que vimos sufrindo”, recalcou Pou, quen, ao marxe desta demanda, presumiu de que “só un 5% da nova fornada de graduados están en situación de desemprego, o resto están traballando ou facendo un mestrado, algo do que nos sentimos moi orgullosos”.
Os docentes máis valorados, os grupos de investigación cualificados polo goberno galego como de potencial crecemento, os que xa conseguiron o selo de Grupo de Referencia Competitiva, o persoal de maior antigüidade... eles foron os outros protagonistas deste “día de festa”, como subliñaba ao comezo do acto a subdirectora, Ana Mejías, que, ao igual co director, recalcou o carácter emotivo dunha celebración que se iniciou cun relatorio a cargo do enxeñeiro industrial Víctor Gómez, titulado Un enxeñeiro industrial con cinco sentidos, a parte do común, unha viaxe sensorial coa que demostrar a versatilidade profesional de enxeñeiras.

Te puede interesar
Más en Universitas