UNIVERSITAS

O equipo de taekwondo busca facer historia en Los Alcázares

20150418_111159_result
photo_camera Os deportistas vigueses que acudirán mañá ao campionato.

Mañá dispútase o Campionato de España Universitario

A localidade de Los Alcázares acolle mañá venres o Campionato de España Universitario de Taekwondo, organizado pola Universidade Católica de Murcia. Os vigueses acoden a cita con nove representantes, será unha nova ocasión para alzarse coa medalla de ouro acadada nas dúas últimas edicións. Esta ocasión é se cabe aínda máis importante xa que este ano celébrase a Universiada e hai varios deportistas vigueses que teñen opción de clasificarse, como é o caso de Laura Lorenzo e Katia Calvar.

Os grandes rivais dos vigueses serán nesta ocasión  a Ucam, a Uned e a Universitat de Valéncia, que se presentan con equipos completos de 16 deportistas  ao estipularse puntos por deportistas participantes, por combates gañados e por medallas obtidas, a Universidade de Vigo é das máis efectivas, xa que con poucos deportistas sempre está na loita polas medallas. Os inconvintes para os vigueses preséntase á hora de acadar medallas por equipos, xa que ao contar con poucos integrantes o obxectivo é moito máis complicado, aínda que loitarán ata o último minuto para logralo.

Te puede interesar
Más en Universitas