FERRAMENTAS

A Escola Superior de Enxeñaría Informática abre as súas portas a Google Street View

Grazas ao traballo dos alumnos, poderase ver o interior das compañías ourensás que así  desexen a través de Google Street.

Google Maps e Google Street View téñense convertido nos últimos anos nas ferramentas máis populares entre os usuarios para localizar e/ou ver unha rúa, un edificio ou calquera outra localización exterior. Recentemente, o buscador puxo en marcha a posibilidade de que empresas e entidades abran as súas portas e permitan estender ao seu interior o percorrido que ata o de agora remataba nas súas fachadas. 

A Escola Superior de Enxeñaría Informática ESEI do campus de Ourense vén de habilitar este servizo, permitindo xa percorrer as súas instalacións a golpe de clic.

“A idea xurdiu dentro do plan de mellora da escola e dos seus sistemas de calidade. Unha das cousas nas que se incidía era na necesidade de ofrecer máis información e información máis accesible sobre os recursos do centro e pensabamos que unha vía para conseguilo era pór en marcha este servizo”, comenta Francisco Javier Rodríguez, subdirector da Escola Superior de Enxeñaría Informática.n

Te puede interesar
Más en Universitas