UNIVERSITAS

Éxito da HappyGoRunning con preto de 700 participantes

20160426122655062_result
photo_camera Un momento da proba do domingo, a carreira dos 10 quilómetros.

Os corredores Hassan Lekhili e Ester Navarrete impuxéronse na carreira dos 10 quilómetros

A décima edición da HappyGoRunning-Cidade Universitaria foi, como se agardaba, todo un éxito, tanto polo elevado número de participantes como polo boa acollida das actividades programadas e o tempo primaveral que acompañou durante toda a mañá.

Preto de 700 corredores encheron o campus de vida, dos que 550 participaron na carreira dos 10 quilómetros, 76 na modalidade de iniciación e 70 apostaron pola andaina de 10 quilómetros pola contorna do campus universitario.
Na proba estrela da xornada, a carreira dos 10 quilómetros, proclamáronse campións Hassan Lekhili e Ester Navarrete, nas categorías masculina e feminina respectivamente. Pola súa banda, na clasificación universitaria, o gañador foi Pablo Bocelo, na masculina, e Sonia Vázquez, na feminina.

Cabe salientar a  boa representación de corredores internacionais procedentes de Portugal, Italia, Francia, Alemaña, Marrocos, Turquía, Bélxica, México, Polonia, Tailandia e EEUU nesta carreira que gaña adeptos edición tras edición. 

600 euros para Alborada

No ano no que se cumpren dez edicións da carreira universitaria, tamén se decidiu converter a proba na I Carreira Interuniversidades contra a Droga en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico e a Asociación Alborada. Esta vertente solidaria permitiu que se recadasen máis de 620 euros, doando un euro de cada inscrición nas dúas modalidades da carreira a un proxecto sen ánimo de lucro, neste caso ao proxecto Verdear, unha horta ecolóxica situada en Peinador na que colaboran 25 pacientes de Alborada.

Clasificación universitaria

Por primeira vez nos dez anos de historia deste evento deportivo, a organización apostou por crear unha Clasificación Universitaria Galaico-Duriense, fomentando o deporte, os hábitos saudables e o compañeirismo entre estudantes no marco dunha competencia sa. Deste xeito os corredores que forman parte das comunidades universitarias das universidades de Vigo, Santiago e A Coruña e as portuguesas de Tras-Os-Montes e Alto Douto, Porto e Minho tamén entran nunha clasificación paralela por equipos de cada un dos campus. O campus gañador resultou ser Vigo, seguido de Porto e Lugo. En total participaron con cadanseu equipo os campus de Ourense (11 corredores); Vigo (20); Pontevedra (20); Lugo (13); Porto (12) e Braga (12).n

Te puede interesar
Más en Universitas