UNIVERSITAS

A fidelidade ás marcas é cuestión de sentimentos ben alimentados

gal1 (1)_result
photo_camera Susana Lourido.

Susana Lourido vén de realizar un primeiro estudo exploratorio sobre "O efecto das emocións sobre a lealdade á marca nos consumidores galegos"

A decisión de comprar un produto dunha determinada marca fronte a outro non é unha decisión puramente obxectiva. Tamén ten unha parte relevante subxectiva na que xogan un papel moi importante as emocións que xera esa marca e as súas competidoras no potencial cliente. A investigadora do campus de Ourense Susana Lourido vén de realizar un primeiro estudo exploratorio sobre "O efecto das emocións sobre a lealdade á marca nos consumidores galegos", a través de 215 enquisas a persoas que se declararon fieis seguidoras dalgún produto en concreto.


“O estudo analiza a relación das emocións, positivas e negativas, sobre a lealdade de marca en termos de comunicación boca-oído e comportamento de cambio e o efecto que a satisfacción xerada polas emocións ten na creación de lealdade de marca. Achega información útil para a mellora da xestión das emocións como elemento xerador de imaxe de marca á vez que permite tomar medidas para manter e mellorar a fidelidade dunha marca que garanta a continuidade da relación comercial”, comenta a investigadora.

Te puede interesar
Más en Universitas