UNIVERSITAS

Froita gratuíta no día das universidades saudables

Os centros pertencente á REUS organizan actividades conxuntas

A Universidade de Vigo, na súa condición de integrante da Rede Española de Universidades Saudables (REUS), participou onte no seu Campus de Ourense na celebración do I Dia das Universidades Saudables. Esta iniciativa consiste na realización de diferentes actividades de sensibilización por parte de cada Universidade xunto coa elección dunha actividade conxunta común compartida que é realizada de xeito simultáneo por todas as entidades que pertencen á REUS.

Na edición deste ano, que pode seguirse a nivel nacional a través do hashtag #UniversidadesSaludables, estas actividades conxuntas concretáronse na posibilidade de consumir durante todo o día froi­ta de tempada de forma gratuíta nos comedores e cafeterías universitarias e na lectura dun manifesto asinado por todas as entidades que participan na iniciativa no que se reafirma a importancia da promoción da saúde no ámbito universitario e ponse en valor as actuacións levadas a cabo nos últimos anos neste eido como é o Proxecto Campus da Auga Convida no caso da Universidade de Vigo.

Te puede interesar
Más en Universitas