NOVAS NO CAMPUS

García opta á reelección como decana de Ciencias da Educación en Ourense

20170215111118437_result
photo_camera Mar García Señorán.

A Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense ten aberto o proceso para a renovación do seu decanato

A Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense ten aberto o proceso para a renovación do seu decanato. Despois de tres anos de mandato, o equipo decanal encabezado por Mar García Señorán preséntase á renovación “sentíndonos na obriga de presentarnos tendo en conta que estamos en pleno proceso de renovación da acreditación dos nosos catro títulos de grao”. Consecuentemente con este compromiso, a súa candidatura, a única presentada ás eleccións, contempla a renovación nos seus postos dos actuais vicedecanos, vicedecanas e secretario. 

A candidatura encabezada por Mar García propón a continuidade do actual equipo decanal, que ten como vicedecanos ou vicedecanas a Ramón Ángel Fernández, Mª del Pino Díaz, Xosé Manuel Cid e María del Carmen Ricoy, estando como secretario Antonio González. 

Te puede interesar
Más en Universitas