FACULTADE DE TURISMO

A International Week 2017 celébrase en Ourense

20170426131356875_result
photo_camera Un grupo de participantes na sétima edición da International Week 2017.

Un cento de estudiantes e profesores de cinco países acudirán á cita

Un centenar de estudantes das universidades de Vigo e Bremerhaven e docentes de cinco países participan desde este luns e ata o venres nunha nova edición, a sétima, da International Week 2017, unha actividade organizada pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense co obxectivo de potenciar cada curso a súa faciana máis internacional. Durante toda a semana, alumnado e profesorado compartirá actividades académicas e lúdicas empregando o inglés como lingua de comunicación e compartindo o interese común polo coñecemento no eido turístico e empresarial.

Na iniciativa participan 86 estudantes dos diferentes graos e cursos do centro ourensán, doce estudantes alemáns e dez relatores procedentes de universidades de Alemaña, Turquía, Portugal, Bélxica e Croacia, coas que Ciencias Empresariais e Turismo ten asinados convenios de intercambio. Os participantes foron recibidos este luns por Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Manuel Fernández, vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, e Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. O vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais recalcoulle aos presentes o valor de iniciativas coma estas, tendo en conta que “a experiencia internacional marca a diferenza no curriculum dunha persoa” e o “enriquecemento que supón” tanto no eido académico como persoal este tipo de vivencias. Esta edición, apuntou Elena Rivo, “superou as nosas expectativas”, amosando a decana o seu desexo de que sexa de proveito para os asistentes e que estes se convertan “nos nosos mellores embaixadores nos seus países”. 
 

Te puede interesar
Más en Universitas