congreso

Os microplásticos afectan a todos os elos da cadea trófica

Preto de 300 técnicos e especialistas participaron no congreso que se desenvolveu en Catoira.
photo_camera No workshop da rede Bioagua, que aglutina grupos de investigación das tres universidades.

A xornada centrouse no impacto dos produtos plásticos no medio mariño

Galicia é unha terra de mar, un recuncho do mundo no que a auga, o océano, as rías e os ríos son centrais no eido social, cultural, económico e tamén educativo. Así o explicaba a vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación, María Isabel Doval, no acto de apertura do workshop Bioauga 2018, unha rede que naceu en 2014 e aglutina grupos de investigacións das tres universidades co obxectivo común de avanzar na resolución da problemática ambiental relacionada cos recursos hídricos degradados no territorio e o tratamento de augas. N

este contexto, a Rede de Biorremediación e Enerxía de Augas de Galicia, coordinada polo grupo de Física Aplicada da Universidade de Vigo, celebrou este pasado martes no Edificio de Ciencias Experimentais esta xornada que se centrou principalmente nunha das principais ameazas ambientais: os microplásticos no medio mariño. 

Doval resaltou a relevancia deste evento “dende a perspectiva do desenvolvemento sostible, os obxectivos do milenio e a Axenda 2030, na que esta vicerreitoría está especialmente implicada”. Os problemas de acceso á auga son unha fonte de conflito e desigualdade en boa parte do planeta, lembraba, e “segundo a OMS arredor de 1800 millóns de persoas viven sen acceso a auga potable, o 80% das enfermidades do mundo están relacionadas co consumo de auga contaminada e a auga mata máis nenos e nenas (en torno a 4.000 ao día) que os conflitos bélicos, a malaria ou enfermidades como o Sida xuntos”. Pero a protección e conservación da auga presenta cada día novos retos, un dos máis graves é a presenza de microplásticos no medio mariño que afectan a todos os elos da cadea trófica e poden mesmo chegar aos seres humanos a través da alimentación.

No acto de apertura, Jesús M. Torres Palenzuela, coordinador de Bioauga, explicaba que os obxectivos desta rede pasan por buscar sinerxías entre os grupos de traballo con liñas arredor da auga e a enerxía e centradas en eidos que van dende biorremediación, desinfección, microalgas, bioenerxía, enerxía sostible, calidade de augas e seguridade alimentaria. “Temos como finalidade buscar recursos, intercambiar metodoloxías e infraestruturas, potenciar a formación do persoal investigador e impulsar a transferencia tecnolóxica ao sector industrial e a divulgación, a través de accións coma esta xornada”, destacaba Torres.

Te puede interesar
Más en Universitas