UNIVERSITAS

José Luis Armada: “A orientación é un deporte onde a competitividade é secundaria"

jose_result
photo_camera José Luis Armada, adestrador do equipo na Universidade.

José Luis Armada é adestrador na Universidade e membro da Xunta directiva da Fegado

 A Universidade de Vigo e a Federación Galega de Orientación, Fegado, acaban de asinar un convenio de colaboración no que se acorda a creación no campus de Vigo do Campus de Tecnificación Deportiva de Orientación, Uvigo-O, que será referencia autonómica para todo o relacionado con este deporte, especialmente no tocante á profesionalización.


José Luis Armada é o creador do equipo de Orientación da Universidade de Vigo que leva competindo na Liga Galega dende o ano 2002. Actualente a sección conta con 41 integrantes, 14 mulleres e 27 homes de moi variadas idades.

Que supón para vós a sinatura deste convenio?
A aportación de esta sinatura facilitará o desenvolvemento deste deporte, grazas as concentracións, formación de novos técnicos, así como xuíces e cartógrafos que entre todos dinamizarán este deporte.


Ademais dun referente para os que practicades este deporte, esta sede ten moita importancia dende o punto de vista da profesionalización, non é así?
A sede do Campus de Tecnificación en Orientación nace a consecuencia duhna demanda cada vez máis grande de ter un lugar de referencia para esta modalidade deportiva, a idea de que algún día se profesionalice non está aínda contemplada. A primeira idea é chegar á máxima cantidade de persoas e darlles a todos a oportunidade de poder practicar este deporte.

Dende hai catro anos incrementouse o número de deportistas nesta modalidade. A que se debe?
Dende ahi catro anos notouse un gran avance na tramitación de licenzas, esto veu a consecuencia do gran interese que cada vez máis amosan as persoas por un deporte onde a competitividade adquiere un segundo plano, imperando a igualdade nas súas competicións.


Fálenos un pouco do vindeiro Trofeo Universitario de Vigo de Orientación.
Celebrarase o vindeiro día 6 de xuño e será no plano do Campus Universitario de Vigo. O XIV Trofeo Universiade de Vigo de Orientación coincidirá coa XXIV Liga Galega de Orientación. Prebese que contará coa participación de preto de 500 corredores de toda Galicia e norte de Portugal. Tamén, ao rematar a proba, técnicos da Fegado impartirán unha actividade de Orientación para discapacitados. Será un evento moi interesante onde agardamos que acodan moitos amantes desta modalidade deportiva que está en auxe.

Te puede interesar
Más en Universitas