UNIVERSITAS

De Kazakhistán a Ourense tras os versos de Makhatayev

_gal01_result
photo_camera A investigadora Meruyert Tileubayeva.

A investigadora Meruyert Tileubayeva fai unha estadía de dous meses na Facultade Ciencias da Educación

A investigadora kazakhistana Meruyert Tileubayeva pasará dous meses na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense afondando na análise psicolóxica da creatividade dos poemas deste compatriota, un poeta que deixou escritos oito libros e que “non tivo ningún recoñecemento en vida”, xa que non foi ata a súa morte en 1976 cando a súa obra comezou a ser considerada como un fenómeno con múltiples vertentes no eido psicolóxico nacional.
Pertencente á Facultade de Filosofía e Ciencias Políticas da Al-Farabi Kazakh National University, en Ourense estará baixo a supervisión do profesor Xosé Manuel Cid, que a acompañará temporalmente nesta viaxe de psicoanálise pola creatividade de Makhatayev e na súa comparación con outros autores estranxeiros. Tileubayeva analiza cantos poemas hai nas obras do poeta kazakhistano, cantas cartas, cantas palabras, que tipo de verbas, que termos psicolóxicos emprega... para “estudar como os lectores responden aos aspectos visuais da súa poesía” e chegar a entender a importancia que ten a creatividade do autor, a súa concepción filosófica e a súa incidencia psicolóxica. “As súa obras non son libros de psicoloxía pero albergan poemas que poden alentar ás persoas en tempos difíciles e animalos cando están a pasar por tempos difíciles”, salienta a investigadora, que se refuxiou nos poemas de Makhatayev, por exemplo, cando non conseguiu pasar as probas de acceso á universidade.

Te puede interesar
Más en Universitas