UNIVERSITAS

Leo Bassi, transmisor do patrimonio de pallasos e bufóns

gal1-1-_result
photo_camera O cómico italiano Leo Bassi durante a clase maxistral, no campus de Ourense.

O cómico italiano impartiu unha clase maxistral no campus, no marco da programación da Miteu

Despois de 20 anos de programación, a Miteu acumula amigos que periodicamente se achegan aos escenarios da cidade para participar dela, xa sexa actuando xa sexa como público. Un deses amigos é o cómico italiano Leo Bassi, que ten acudido a diferentes edicións á Miteu e que hai uns días repetiu cita e por partida dobre. Despois da representación da súa Gran Misa Patólica, Bassi impartiu unha clase maxistral no campus de Ourense na que quixo transmitir aos participantes o legado cultural de pallasos e bufóns.


"O que quero con esta clase é compartir cos alumnos as vellas técnicas de comunicación que os pallasos e bufóns utilizaron desde antigo para seducir, para enganar, para conquistar ao público. Son técnicas de máxima utilidade na actualidade, en ámbitos de todo tipo, desde a publicidade e a comunicación ata as asembleas políticas. O que fago é falar da tradición para falar da realidade de hoxe en día”, comentou o cómico e actor. Como membro dunha familia que tradicionalmente se dedicou ao circo de rúa, explicou Bassi, el herdou este patrimonio acumulado por pallasos e bufóns ao longo dos séculos e agora séntese “na obriga e no deber de compartilo coas novas xeracións para mantelo vivo”.
Leo Bassi amosouse especialmente satisfeito de atoparse nunha universidade impartindo unha master class na que poder contarlle a persoas amantes do teatro as técnicas que pallasos e bufóns foron perfeccionando desde antigo para conseguir, a través do sorriso, conquistar ao público. Para conseguir este obxectivo, a sesión mesturou discurso e práctica.

Te puede interesar
Más en Universitas