UNIVERSITAS

Maratón de Zumba Solidario no Campus de Pontevedra

zumbasolidario_result
photo_camera Un momento da pasada edición do Maratón de Zumba Solidario.

Hoxe, a partir das 20:00 horas, celebrarase a décimo segunda edición deste evento deportivo

O Pavillón Universitario de Pontevedra acolle hoxe, a partir das 20:00 horas, unha nova edición, e xa son doce, do Maratón de Zumba Solidario, organizado pola Vicerreitoría do campus Pontevedrés. Como en anteriores ocasións, para participar nesta iniciativa sólo hai un requisito, aportar un kilo de alimento non perecedoiro que irá destinado ó comedor social dos Pais Franciscanos de Pontevedra, que cada ano recibe as donacións da entidade educativa e de todos os que a conforman.

Os participantes na pasada edición superaron todas as expectativas, foron en torno a 180 os participantes que incrementaron con moito os 200 kilos de alimentos doutras edicións. Hoxe agárdase que pase o mesmo e que sexan moitos os alumnos e alumnos e o público en xeral que se apunte a este evento deportivo e solidario.

A proposta consistirán en dúas horas de zumba gratis e os participantes, ademais de realizar exercicio ,que sempre é do máis beneficioso para a saúde, poderán divertirse coas coreografías que teñen preparadas os monitores do evento.

Na actividade, organizada pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, colaboran unha edición máis Gadisa, que suministra as barriñas e bebidas enerxéticas coas que os participantes recuperan folgos, o ximnasio Curves, Rocarpe, Impresores e Ekinocio Comunicación. O encontro promete volver a ser todo un éxito e dende a organización animan a todo o mundo a sumarse a esta divertida iniciativa coa que se pode colaborar con aquelas persoas que máis o precisan neste tempo de Nadal.n

Te puede interesar
Más en Universitas