UNIVERSITAS

O menú de FITO inclúe 16 espectáculos

gal1 (3)_result
photo_camera Un momento da presentación da oitava edición do FITO.

O festival arranca mañá e no campus celebraranse dúas das representacións e un obradoiro formativo

 16 espectáculos doutras tantas compañías de sete países, 17 representacións, dez días de programación, unha intensa programación complementaria e unha reivindicación, a visibilización da muller nas artes escénicas. Con esta programa no menú presentouse este martes unha nova edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO, que se celebrará do 2 ao 12 de outubro. Como cada outono, a cita levantará os panos dos escenarios da cidade para converter Ourense no epicentro teatral de Galicia. 


Esta oitava edición do FITO, explicou Ánxeles Cuña, a súa directora, busca “o equilibrio, ser diversa, atraer diferentes tipos de espectadores e ser ponte”. “Ourense cidade e Ourense provincia é terra de teatro”, recalcou Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, campus que participa neste festival cunha achega económica e acollendo varios dos seus espectáculos e actividades. A cita, recalcou Jacobo Sutil, director de Agadic, destaca pola súa “singularidade” e “relevancia artística”, permitindo a compañías galegas compartir cartel con grupos estatais e internacionais.

Para Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, esta iniciativa é unha mostra de como “entre todos sumamos para facer proxectos”, neste caso no eido do teatro, “teatro que nos brinda a oportunidade de ampliar a nosa visión do mundo”. O FITO, apuntou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial, “é un auténtico escaparate das artes escénicas de Galicia" que destaca polo seu carácter innovador e, comentou Belén Iglesias, polo seu alto nivel de calidade.

Te puede interesar
Más en Universitas