UNIVERSITAS

Moita historia na historia de videoxogos e series

_gal1_result
photo_camera Organizadores das xornadas xunto aos relatores da primeira sesión.

As 'III Xornadas Cando Mario Coñeceu a Clío' celebráronse no campus

En 1968, explica o David Morenza, aparece o primeiro videoxogo de xénero histórico, chamado Hammurabi en referencia ao rei de Babilonia, pero non chegou a comercializarse. Nos anos 80 prodúcese a eclosión do sector e con el tamén a dos videoxogos de temática ou ambientación histórica, sendo hoxe unha liña importante neste puxante negocio. Para afondar nesta evolución e na fiabilidade deste xénero e dos seus equivalentes noutros formatos, como series e cómics, arrancaron no campus de Ourense as conferencias da terceira edición das Xornadas Cando Mario Coñeceu a Clío.


A iniciativa está organizada pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia coa colaboración do centro, da Asociación de Antigos Alumnos da mesma facultade e de El 8º Historiador. Como programación previa das xornadas, durante os últimos días téñense celebrado un torneo de Age of Empires III, unha conferencia sobre Assassin´s Creed e unha demostración de esgrima antiga. Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia, e Ángeles Coello, en nome da organización, inauguraron as conferencias destacando a aposta ano tras ano destas xornadas por innovar.
Na primeira sesión das xornadas, Marián Ferro foi a encargada de abordar a exitosa serie de TVE Isabel, baseada na vida da raíña Isabel I a Católica, e a súa fiabilidade histórica.

Te puede interesar
Más en Universitas