Nas entrañas da bala olívica, o coche de UVigo Motorsport

Rematada a fase de deseño, o equipo fai balance antes de iniciar a fabricación e montaxe do novo 'UM16'

Cando hai dous anos, un grupo de estudantes de Enxeñería Industrial creou UVigo Motorsport, seguramente non repararan en que o froito do seu xermolo podería acadar este tamaño. Cun coche que xa sabe o que é correr con solvencia en escenarios míticos do motor coma Silverstone, Hockenheim ou Montmeló, e coa perspectiva que dá o tempo, a competición e, sobre todo, as horas de traballo, os responsables da escudaría da Universidade fan unha análise da súa situación a tres meses de volver a prender motores na Fórmula Student, a competición universitaria de motor máis prestixiosa do mundo.

“O coche para este ano está ao 60%”. Rematado o proceso de deseño, o director técnico do equipo, Marcos Fernández, resume o estado da fabricación do novo bólido e marca os pasos a seguir ata lograr a peza definitiva, “dese 40% que nos falta, debemos repartilo a partes iguais entre a fabricación e a montaxe”. Sen embargo, tanto Fernández coma o responsable de Carrocería e Aerodinámica do equipo, Adrián Balado, adiantan que a espera para ter o modelo definitivo pagará a pena, xa que “será un coche moito máis competitivo que o do ano pasado”, como subliñan. Para amosar estes avances na pista, o verán ten dúas citas marcadas no calendario do equipo, desas que non se esquecen, entre o 2 e o 6 de agosto no circuíto checo de Hradec Králové, e do 24 ao 28 do mesmo mes, cando volverán a Montmeló.n

Te puede interesar
Más en Universitas