CONCURSO

Nova edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

A Deputación Provincial de Ourense patrocina esta actividade e entregará o premio especial “Provincia Intelixente”.

Vencellar a investigación realizada na Universidade no eido da informática e as telecomunicacións ás necesidades e demandas reais do mundo empresarial. Este é o obxectivo principal do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos que chega xa a súa décimo quinta edición consolidado como unha gran oportunidade para os estudantes do sector de Galicia e de Portugal para dar a coñecer os seus proxectos de Fin de Carreira.

Esta iniciativa constitúe unha oportunidade para poñer en valor o talento dos estudantes galegos, impulsando o emprendemento e a competitividade co obxectivo de xerar novas oportunidades de emprego. 

A principal novidade desta edición é a creación dunha categoría especial enmarcada no Plan Estratéxico 15-19 da Deputación de Ourense “Provincia Intelixente” que está orientado a dar servizos ós cidadáns e ás Administracións Locais e no que as tecnoloxías da información terán unha especial incidencia no seu desenvolvemento.

Daráselle especial relevancia a aqueles traballos presentados que poidan ser encamiñados a dar solucións englobadas neste proxecto. O acto de entrega dos premios terá lugar na Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, coooganizadora do concurso xunto a Expourense, e será o xoves 10 de decembro. As bases da convocatoria para presentar os traballos poden consultarse na páxina web www.expourense.org. En total repartiranse 1.400 euros en premios.  O prazo para a recepción dos traballos remata o 26 de novembro. 

Te puede interesar
Más en Universitas