UNIVERSITAS

Novo chanzo na integración laboral de persoas con discapacidade

O campus e Down Ourense asinaron esta mesma semana o seu sexto convenio de colaboración

Ser abertos e imaxinativos para conseguir integrar á Universidade dentro da sociedade ourensá. Esa é a intención coa que cada ano o campus de Ourense realiza un concurso público para que asociacións sen ánimo de lucro da cidade presenten as súas propostas para o desenvolvemento dun programa específico de integración laboral de persoas con discapacidade e que nesta ocasión gañou Down Ourense. Este martes, esta entidade asinaba de novo un convenio de colaboración para que dúas persoas con discapacidade intelectual traballen no campus de ourensán durante seis meses e adquiran experiencia no desenvolvemento de determinadas tarefas profesionais.

Estes novos beneficiarios xa se incorporaron esta semana nos seus postos na conserxería do Edificio Xurídico-Empresarial e no Servizo de Deportes, onde supervisados nos primeiros intres por un orientador laboral irán collendo “as destrezas e habilidades que lles permita ter unha maior eficiencia e capacidade á hora de mergullarse no mercado laboral”, como salientou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, durante a sinatura do convenio coa presidenta da Asociación Down Ourense, María del Mar Prieto. “A Universidade é unha contorna magnífica para poder levar adiante este propósito”, recalcou Mato.

Este é o sexto convenio que o campus asina con Down Ourense e que levaron a un total de oito persoas a gañar experiencia laboral nas instalacións universitarias.

Te puede interesar
Más en Universitas