UNIVERSITAS

Novo equipo de presoterapia para drenaxe linfático, en Ourense

gal02_result
photo_camera Novo equipo de presoterapia ubicado no campus de Ourense.

As sesións son dunha hora dividida en terapia manual e aplicación do aparello.

A Área de Deporte e Saúde do  campus de Ourense acaba de poñer en marcha dúas importantes novidades que teñen como finalidade animar aos membros da comunidade universitaria a aproveitar as instalacións e servizos deportivos que ofrece a Universidade de Vigo. Por unha banda está a reapertura da Unidade de Medicina Deportiva tras case un ano de servizo intermitente e por outro a adquisición dun aparello de presoterapia coa que poden realizar drenaxes linfáticos. 

Deste xeito, na Unidade de Fisioterapia e Osteopatía atópase a maquina de presoterapia que ofrece sesións dunha hora de duración aproximadamente, divididas en dúas partes, unha adicada á realización de terapaia manual por parte do especialista e outra á aplicación do aparello para completar o tratamento. Con esta técnica o que se pretende é axudar aos membros da comunidade universitaria interesados en mellorar a circulación, diminuír a presión arterial, tonificar os músculs e articulacións. aliviar a fatiga, reducir o estrés e a tensión, axudar á relaxación, mellorar o ton da pel e a súa firmeza, reducir a celulite e facilitar a rexeneración celular. En definitiva, promover a sensación de benestar.

Te puede interesar
Más en Universitas