UNIVERSITAS

Pablo García converte o xadrez da Universidade nun referente

pablo2_result
photo_camera Pablo García Castro, coordinador da sección de xadrez da Universidade de Vigo.

Arranca a tempada coa ilusión de manter o máximo representante na 1ª División Nacional

Pablo García é todo un referente internacional no mundo do xadrez. A súa vinculación á Universidade de Vigo remóntase ao ano 2003 cando toma unha decisión que marcará a súa vida: abandona o único equipo profesional que existía por aquel entonces en Galicia e toma o mando da sección de xadrez da Universidade de Vigo que daquelas  non existía como tal. Froito de moito traballo e ilusión Pablo logrou moitos éxitos neste deporte.

Comezou na sección de xadrez da UVigo como quen dice da nada, agora é un referente. Como foi este camiño?

Non foi doado e foi froito de moito esforzo. Cando apostei por este proxecto tiña as ideas claras: quería construir un proxecto con xogadores galegos que chegasen a competir ao máis alto nivel, promocionar este deporte na Universidade e chegar a integralo como unha asignatura.
 
Lográronse estes obxectivos?

Hoxe temos un equipo na Primeira División Nacional e o xadrez está recoñecido con créditos ECTS, e incluso a UVigo ofertouse á Xunta de Galicia como organizadora do primer Máster en Xadrez para formar ao profesorado. Así que podo decir que como obxectivos non está mal.

Como se presenta esta tempada?

A Universidade de Vigo conta con catro equipos representándoa, un en División de Honra, un en Primeira División C, un en Segunda División E e o último en Terceira División F. No caso do máximo representante defendemos o título, pero o maior reto a nivel de equipos será en agosto, cando intentaremos un ano máis acadar a  permanencia na Primeira División Nacional. 

En xeral, que situación está a vivir este deporte?

En canto a número de afecionados goza de moi boa saúde, sen embargo a gran revolución chega no ámbito educativo e da saúde. Neste último caso incídese moito en ter hábitos de vida saudable e manter certa actividade física, neste aspecto se deixa un pouco de lado a saúde mental, onde o xadrez é o deporte por excelencia, especialmente para os maiores xa que según unha serie de estudos, é o mellor ximnasio para loitar contra deterioros cognitivos. No aspecto educativo, son de sobra coñecidos os beneficios do xadrez na aula como ferramenta pedagóxica, con especial relevancia contrastada nos vacíos que deixa o sistema educativo español, matemáticas e comprensión lectora. O Parlamento Europeo aprobou en 2012 a recomendación a todos os Estados Membro de introducir el xadrez no sistema educativo, esto é aínda moi teórico e espero que pronto sexa unha realidade. 

Te puede interesar
Más en Universitas