UNIVERSITAS

O pavillón universitario de Pontevedra pónse en movemento

0 24 de outubro comeza un programa de acceso libre e dirixido a todo o mundo

No pavillón universitario de Pontevedra contan cun magnífico espazo para a práctica deportiva e dende o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, e concretamente da man de Gustavo Loureiro, promoven a iniciativa denominada “Ponte en Movemento”, dirixida a calquera persoa con ganas de pórse en forma, divertirse e coñecer unha nova forma de fitness. Zumba, Street Dance, Pilates ou Shape son só algunhas das propostas incluídas dentro deste programa, que se suma ao xa existente neste campus denominado “Escolas Deportivas” que conta con catro actividades, das que tres as acolle o pavillón universitario (Aerobic, Pilates e Zumba) e a outra a ría de Pontevedra (Piraguismo).

Cal é o principal obxectivo da proposta deportiva “Ponte en Movemento”?
Os obxectivos do programa son fundamentalmente dous: por unha banda achegar ás instalación á cidadanía de Pontevedra e por outra, dotar este espazo de actividade, que haxa xente no pavillón.

Fálenos un pouco da actividade, en que consiste?
Trátase dunha actividade libre e gratuíta, dirixida a todas as persoas que queiran pasalo ben facendo deporte, independentemente de que pertenza ou non á comunidade universitaria. Todas as actividades deste programa teñen o seu atractivo e quero convidar a todo o mundo a que acuda a todas e cada unha delas.

Cal é a proposta que recomenda?
Como dicía, o ideal e que a xente se anime a participar en todas xa que moitas son aínda descoñecidas e poden  sorprender. Ben é certo que a actividade de Zumba, polo seu dinamismo e tradición dentro das actividades deportivas deste Campus, é un pouco a “estrela” de todas as propostas do programa “Ponte en movemento”.

Que teñen que facer todos os que queiran probar algunha delas?
É moi sinxelo, soamente vir xa que non hai inscrición previa, todo o mundo que queira vir pode facelo. As actividades comezan todas ás 18.30 horas e son todas totalmente gratuítas. 

A primeira master class será de Zumba, cóntenos un pouco que se van a atopar os participantes?
A primeira actividade será Zumba o 14 de outubro e será un clase impartida pola directora do programa “Ponte en Movemento”, Virginia Rodríguez, que impartirá unha sinxela actividade, sen dificultade ningunha  xa que é de modo iniciación, o que aínda a converte en máis atractiva para todos os públicos.

Te puede interesar
Más en Universitas