Picos, no comité da FAO que estuda o futuro do sector forestal en Europa

gal1-1-_result
photo_camera O profesor Juan Picos participou en Italia nunha xuntanza que reuniu a expertos de todo o continente.

O docente da Escola de Enxeñería Forestal participa en Italia nunha xuntanza promovida polo organismo de Nacións Unidas

Nun ámbito como o forestal, as medidas que se adopten na actualidade terán unha incidencia directa no sector dentro de 20 ou 30 anos, xa que será entón “cando a chegue ao mercado a madeira das árbores que plantemos agora”, como apunta o profesor da Escola de Enxeñaría Forestal Juan Picos. De aí a importancia de mirar cara o futuro e estudar os posibles escenarios que poderían darse en materia de demanda, produción ou xestión dos recursos, que é precisamente o fixeron na cidade italiana de Arona un grupo de expertos reunidos pola FAO, entre os que se atopa este docente do campus. Preto de 40 expertos participaron na reunión do equipo de especialistas en Políticas Forestais que a FAO, a organización das Nacións Unidas para a alimentación e a agricultura, impulsou en cooperación coa UNECE, o Comité Económico para Europa das Nacións Unidas, para realizar “unha prospectiva do sector forestal europeo”.

Picos pasou en 2014 a formar parte, co aval do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, dun comité que reúne a expertos “chegados de toda Europa, incluído Rusia, e mesmo de Norte América”. Tralo traballo levado a cabo o pasado ano, cando se definiron os compoñentes dos subcomités e se fixou a axenda de traballo do proxecto, este equipo de especialistas celebrou a súa “primeira reunión operativa” no Centro de Investigación Forestal JRC da Comisión Europea en Arona. Ata aló se desprazou o secretario da EE Forestal, que destaca como “unha experiencia moi positiva”.

Te puede interesar
Más en Universitas