UNIVERSITAS

Piropos e contos: seis traballos da Universidade de Vigo fanse cos premios Egeria

galASASA1_result
photo_camera Os seis responsables detrás dos traballos premiados

Os galardóns repártense entre egresados e egresadas dos tres campus, sendo os traballos de grao e da área a xurídico-social os que máis distincións acadan

Os piropos, a rotura da heteronorma, o alumnado transexual, a mirada feminina no cine, a incorporación da muller rural á vida profesional e os estereotipos de xénero nos contos de fadas. Estes son, en liñas xerais, as temáticas que abordan os seis traballos fin de mestrado e de grao que veñen de gañar a terceira edición dos Premios Egeria á Inclusión da Perspectiva de Xénero nos Traballos Fin de Grao e de Mestrado da Universidade de Vigo.

Os galardóns repártense entre egresados e egresadas dos tres campus, sendo os traballos de grao e da área a xurídico-social os que máis distincións acadan. En total, nesta edición presentáronse 27 traballos, 20 do ámbito xurídico-social, seis de artes e humanidades e un do eido científico-tecnolóxico. “A convocatoria destes premios estase consolidando como unha forma de recoñecemento da importancia de introducir a perspectiva de xénero nestes traballos, o cal é moi positivo pois é o primeiro traballo de investigación das persoas galardoadas. O que se pretende é que o alumnado que decida seguir coa súa carreira investigadora incorpore a análise da categoría sexo-xénero de forma consubstancial a calquera tipo de investigación”, explica Anabel G. Penín, directora da Unidade de Igualdade que convoca anualmente este certame. 

O único galardón a traballos fin de mestrado foi para Raquel Lois Gómez por Piropos sobre a aparencia e o corpo sexuado: disfrutados ou rexeitados pola mocidade?, elaborado no Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos. 

O xurado premiou tres traballos de fin de grao no ámbito xurídico-social “dado o grande número de traballos de calidade presentados neste ámbito”. Nun deles, Rebeca Jorge Rodríguez, do grao de Educación Social, fala de A rebeldía de querer ser eu: ser unha persoa diversa nun mundo heteropatriarcal. Diversidad de xénero e alumnado trans*, de Martín Rodríguez, egresado en Educación Primaria, foi outro dos traballos premiados. O terceiro traballo premiado é A construción da “mirada feminina” como unha alternativa no cine. Jeanne Dielman, 23 Commerce Quay, 1080 Brussels (Chantal Akerman, 1975), de María Ortega, do grao en Comunicación Audiovisual. Na área científico-tecnolóxica o único traballo premiado é o Proxecto piloto sobre o deseño dunha estratexia de incorporación da muller rural á vida profesional, de Raquel Jares, do grao en Enxeñaría Forestal.
 

Te puede interesar
Más en Universitas