UNIVERSITAS

Pontismo, parapente e tiro con arco, as atractivas propostas de Delecer

tiro_result
photo_camera Tiro con arco, parapente e pontismo serán as tres propostas desta edición de Delecer.

O programa de ocio e tempo libre do Servizo de Deportes está dirixido á comunidade universitaria

Experiencias únicas a prezos incribles. Esto é o que oferta o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo nunha nova edición do programa de ocio e tempo libre Delecer. Nesta ocasión as actividades dun día serán nos meses de abril e maio e teñen como obxectivo tomar contacto con propostas tan apaixonantes como pontismo, parapente e tiro con arco.

Delecer está dirixido exclusivamente á comunidade universitaria, que xa se pode inscribir dende o vindeiro 27 de abril a través da web deportes.uvigo.es ou na plataforma Deporxest.

No tocante ao pontismo, as actividades serán os días 23 de maio, para o primeiro grupo que se pode inscribir ata o 12 de maio; e o 6 de xuño, o segundo grupo que pode facer a súa inscrición ata o 25 de maio. Celebrarase en Arbo, na ponte sobre o río Miño e o prezo co transporte incluído será de 30 euros. Esta actividade está desaconsellada para persoas con problemas cardíacos e de costas.
Tiro con arco é outra das actividades propostas en Delecer. Celebrarase no Campus Rugby campus Lagoas Marcosende, en Vigo. O prezo será de 20 euros e a actividade terá unha duración total de dúas horas, repartidas nunha parte de nocións básicas e outra de competición entre equipos. As datas serán o 21 e 27 de maio, haberá dous grupos que se poderán inscribir ata os días 10 e 15 de maio, respectivamente.

Santa María de Oia acolle a terceira das propostas: parapente. Esta actividade tamén se reparte en dous

grupos, o primeiro que participará na actividade será o 30 ou 31 de maio e o prazo para anotarse é ata o 19 de maio, e o segundo terá o seu turno o día 6 ou 7 de xuño e poderán facer a inscrición ata o 26 de maio. O prezo da actividade de parapente é de 35 euros que se abonará o propio día do salto. Os interesados en participar nesta actividade contan cunha reunión informativa o 14 de maio, ás 13:15 horas, nas propias instalacións do club Nortada, entidade colaboradora desta actividade.n

Te puede interesar
Más en Universitas