UNIVERSITAS

Prata para Vigo no universitario nacional de Taekwondo

IMG_20150425_174013_result
photo_camera Os representantes da Universidade de Vigo, en Murcia.

O adestrador Salvador Fontán amósase "moi satisfeito" polo resultado

 Un ouro, dúas pratas e tres bronces foi o balance da visita da Universidade de Vigo ao Campionato de España Universitario de Taekwondo celebrado recentemente na cidade de Murcia. A universidade anfitriona con tan só tres puntos de diferenza sobre os de Vigo, que obtiveron seis medallas individuais, proclamouse campiona absoluta desta edición. A terceira clasificada foi a Universidade Complutense de Madrid.


A nivel individual, Salvador Fontán, adestrador xunto a súa muller Erea do equipo vigués, destaca "o papel de Pablo Fernández que logrou o ouro no seu primeiro universitario. Contabamos cun equipo integrado soamete con nove deportistas e moitos deles acudían por primeira vez a este campionato polo que estamos moi satisfeitos co resultado". Francisco Padín pola súa banda conseguiu a prata tras enfrontarse ao campión olímpico Joel González, "é salientable este resultado xa que foi un combate moi axustado e espectacular cunha gran actuación do galego, que perdeu por un 7-5 na final" engade Fontán.


A Universidade de Vigo leva catorce anos consecutivos sen baixar do podio neste campionato e "sete veces foi campiona, o equipo vigués é sempre moi laureado neste campionato", finaliza o adestrador vigués.

Te puede interesar
Más en Universitas