UNIVERSITAS

As primeiras pedras postas no duro camiño da igualdade

O educador social e monitor da Federación Española de Xadrez, Eduardo Dopico, repasou na charla "Prodixios do xadrez: Vera Menchick, a invisible", na Facultade de Ciencias da Educación

O educador social e monitor da Federación Española de Xadrez, Eduardo Dopico, repasou na charla "Prodixios do xadrez: Vera Menchick, a invisible", na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. Trátase dunha actividade enmarcada no ciclo de conferencias e obradoiros Unha mirada de xénero organizada polas profesoras Purificación Mayobre e María Álvarez Lires e patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Británica de orixe ruso, foi a primeira xogadora que se atreveu a desafiar as normas da sociedade de principios do século XX e participar en torneos de xadrez reservados exclusivamente a homes, algo que non ocorrera nunca na historia deste deporte e que serviu para poñer a primeira pedra no duro camiño da igualdade de xénero. Fixo os seus primeiros movementos no seo familiar e non tardou en afiliarse ao club de xadrez da súa cidade, onde un dos mellores estrategos da súa época, Geza Maroczy, enseguida a tomou como discípula polo seu tremendo potencial.

Te puede interesar
Más en Universitas