Propostas para implantar ao outro lado do charco

photo_camera Un momento da clausura das Xornadas de Termalismo: patrimonio, turismo, saúde e benestar.

A estandarización de capacidades centrou as xornadas sobre termalismo

Unha oferta formativa no eido do termalismo vinculado á beleza a nivel nacional para Colombia. Ese foi un dos principais froitos das xornadas Termalismo: patrimonio, turismo, saúde e benestar, cinco días nos que Universidade de Vigo e Concello de Ourense traballaron na procura dunha estandarización formativa de capacidades para os membros do Servizo Nacional de Aprendizaxe (SENA), dependente do Ministerio de Protección Social de Colombia e órgano encargado de orquestrar medidas para o desenvolvemento social e técnico dos traballadores cunha oferta de formación profesional gratuíta para ampliar as oportunidades de acceso ao mercado laboral.

Primeira colaboración directa entre campus de Ourense e Concello no marco do Campus da Auga que tamén se pechou co compromiso de asinar un convenio específico de colaboración internacional entre Universidade de Vigo e o goberno colombiano para levar a cabo actividades de formación de traballadores da Administración pública do país latinoamericano. “Os pasos do Campus da Auga en materia formativa son decididos, por iso estamos tendo cada vez máis actividades ligadas á especialización do campus, no que tamén se enmarca esta iniciativa que hoxe remata”, salientou o vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.

Te puede interesar
Más en Universitas