UNIVERSITAS

O protocolo da ‘vella España’ atravesa o Atlántico

20160427104130078_result
photo_camera O profesor de CCSS e da Comunicación Fernando Ramos.

O profesor Fernando Ramos presentou un libro sobre normas de cortesía na Feira do Libro de Bos Aires

“El Quijote é todo el un tratado de bos modos e cortesía”, sinala o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Fernando Ramos, tras realizar un percorrido histórico pola evolución do protocolo e as normas de cortesía en España para o libro que presentou na 42 Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Editado polo Centro Cultural Betanzos da capital arxentina, no marco do proxecto de mecenado que impulsou a edición para esta feira, na que Santiago de Compostela é a cidade convidada e na que presentan de preto dunha vintena de libros elaborados por porteños de orixe galega ou por galegos con vínculos na Arxentina, Protocolo, urbanidad y cortesías en la vieja España propón un percorrido pola evolución deste conxunto de normas desde a Idade Media ata a actualidade.

“Publicar no estranxeiro sempre é unha honra, máxime na máis importante feira de fala hispana de América”, salienta Ramos, que o presentou na Sala Roberto Arlt da feira, nun acto organizado polo Centro Cultural Betanzos. A raíz da suxestión de abordar “aspectos históricos da cultura española” dos impulsores da iniciativa apoiada pola Dirección General de Mecenazgo do Goberno Arxentino, que en marzo presentaban na facultade do campus pontevedrés, Ramos deu forma a un volume que “parte do orixe histórico dos vellos usos da cortesía” para afondar nos modos de tratamento ou nos libros de urbanidade, e incluír tamén unha serie de perfís biográficos, “anécdotas e historias de personaxes de Galicia”.

Te puede interesar
Más en Universitas