UNIVERSITAS

“Queremos que se focalice a atención nas sensacións e non no cronómetro"

Ana Cidrás está a traballar co resto dos membros do Servizo de Deportes na HappyGoRunning.

É un dos eventos deportivos máis agardados cada ano na Universidade de Vigo. Trátase da HappyGoRunning, unha carreira de 10km organizada polo Servizo de Deportes que se disputará o 26 de abril e na que xa están a perfilar os últimos detalles. Falamos coa psicóloga Ana Cidrás, actualmente alumna de prácticas, do máster de Psicoloxía do Deporte e a Actividade Física da USC, no Servizo de Deportes.

Por que o nome de HappyGoRunning a esta carreira?

Trátase dunha carreira de 10km, pero non é unha carreira común. Queremos ir máis aló, innovar, suscitar emocións por medio do deporte. O fundamental para nós é que os participantes gocen do percorrido e focalicen a súa atención nas sensacións máis que no cronómetro.

Cales son os vosos medios para suscitar estas emocións?

Repetiremos elementos da pasada edición como é o caso de frases e carteis que motiven, pero non nos quedaremos soamente con eso. Queremos mellorar. probar novas cousas e facer desta carreira unha festa. Estamos a traballar para sorprender e emocionar. Haberá actividades paralelas, música,  photocall e moitas sorpresas que para descubrilas soamente hai que asistir o día 26.

Qué relación considera que existe entre a felicidade e o deporte?

Existe primeiro unha gran relación química xa que ao facer deporte o noso cerebro libera endorfinas, responsables da sensación de benestar que experimentamos despois do exercicio físico. Ademais, a nivel psicolóxico, inflúe na nosa autoestima e autopercepción, xa que nos vemos con mellor aspecto. Existen numerosos estudios científicos que relacionan a actividade física coa saúde mental, corroborando que as persoas que practican deporte habitualmente, presentan mellores estados de ánimo. Incluso a nivel social, permítenos crear vínculos con outros deportistas e ampliar o círculo de amistades, aumentando a satisfacción persoal.

Te puede interesar
Más en Universitas