UNIVERSITAS

A Universidade acredita a calidade de seis novos títulos

g1_result
photo_camera Un grupo de alumnas da Universidad de Vigo

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug) enviou o informe favorable do grao en Comercio e de cinco mestrados, dous de Vigo e tres de Ourense

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación foi a pioneira en Galicia en acadar os informes finais favorables que acreditan os seus catro títulos, tres graos e un mestrado. O centro pontevedrés participou en 2014 na fase piloto e obtivo o visto bo da Acsug para as súas titulacións. Agora, xa iniciado este proceso de forma normalizada, a Universidade vén de recibir o informe favorable de acreditación de seis novas titulacións: tres da EU de Estudos Empresariais de Vigo; dúas de Ciencias da Educación de Ourense, e outra da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, tamén en Ourense. Como explica o director da Área de Calidade, Xosé María Gómez Clemente, estes son os seis títulos que participaron na primeira fase do proceso, á que segue unha segunda, con outros dez mestrados que están a ser avaliados na actualidade: cinco da Escola de Enxeñería Industrial, tres da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, un de Ciencias Xurídicas e do Traballo, dous de Ciencias de Ourense e o Máster para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas. O director da Área de Calidade agarda que os informes definitivos de todas elas estean entregados antes do 12 de maio.


O único grao desta primeira fase é o de Comercio, que xunto cos mestrados en Comercio Internacional e en Dirección de Pemes, consigue que toda a oferta académica da EUEE conte xa con esta credencial. n

Te puede interesar
Más en Universitas